www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo-Miño para que se pronuncien contra a prohibición das redes artesanais no rio Miño

Na Comisión europea estase debatendo unha proposta de Regulamento polo que se pretende prohibir a pesca con redes de deriva. Isto pode supor a prohibición de artes ancestrais, sostibles, xeradoras de riqueza nas nosas comunidades costeiras que se veñen empregando en Galiza tanto na pesca da sardiña, xeito, como na pesca do río: trasmallo do Miño, lampreeira, muxileira, varga da Solla, varga do muxo.

Isto evidencia con moita claridade como unha administración "supraestatal" ten competencias sobre os nosos recursos e como o uso irregular dunha arte nun recuncho de Europa, xa que a actual proposta ven provocada pola utilización da arte de deriva italiana "ferretara" que alcanza lonxitudes que chegan os 2,5 quilómetros, e causa a mortaldade de varias especies protexidas, provoca situación de indefensión e nos ameaza coa desaparición de modelos tradicionais de subsistencia como é a pescaría do xeito ou as artes empregadas no río Miño.

Pero tamén pon en evidencia que mentres o Estado español espreme as cativas competencias pesqueiras do noso País, e as centraliza, non ten rubor ningún en permitir que unha administración afastada dos pescadores, lexisle sobre os nosos recursos e nos veña a dicir que a actividade que levamos desenvolvendo durante séculos é inadecuada e debe ser eliminada.

BNG


"O BNG presenta mocións nos concellos do Baixo-Miño nas que se esixe que os afectados pola Hepatite C teñan o dereito ao mellor tratamento dispoñíbel."

A enfermidade hepática causada polo Virus de Hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública. Calcúlase, en cifras do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do estado español.

Na ctualidade hai unha cantidade importante de persoas enfermas diagnosticadas, en diferentes estadíos de evolución da Hepatite C, que non están sendo tratadas, e que teñen como única alternativa a vixilancia da súa evolución á espera de chegar a un estado que determinase a idoneidade dun transplante hepático.

O desacougo, a alarma e as queixas dos/as doentes de hepatite C van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non se inclúe dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican para o acceso ao fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos/as seus hepatólogos/as, unha vez determinado que cumpren os requisitos estabelecidos polo Ministerio e recollidos nas Instrucións do acceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección xeral de Asistencia Sanitaria, é rexeitada ou non contestada.

É por iso que o BNG no Baixo Miño ven de presentar unha moción en tódolos concellos da comarca para facerse eco tanto das reivindicacións dos doentes como das recomendacións dos expertos sanitarios, para que as persoas que sofren hepatite C teñan acceso desde a sanidade pública ao mellor tratamento dispoñible, esixindo o acceso aos fármacos de última xeración, como o Sofosbuvir, para todas e todos os doentes afectados que o necesiten, fronte ao criterio restrinxido que propón o Ministerio de Sanidade que implicaría que este tipo de medicamentos só chegaría en 2015 a unhas 6.000 persoas cando a cifra de doentes ascende a 30.000.

BNG


ANDAINAS A GUARDA 2015

A Concellería de Deportes organiza novamente a actividade "ANDAINAS A GUARDA 2015" onde se ofertarán un total de oito andainas repartidas ó longo do presente ano.

A finalidade das andainas é dar a coñecer o entorno natural e o patrimonio doutros lugares. Este ano as rutas e sendeiros dos concellos da provincia de Pontevedra centrarán a mayoría das andainas programadas: A Caniza, Cangas, Soutomaior, Tomiño ou O Porriño. Como en anos anteriores tamén haberá oportunidade de percorrer Portugal cunha interesante ruta pola veciña Caminha e outro habitual que é o interior de Ourense percorrendo o río Arnoia.

A actividade comeza o sábado 21 de febreiro cunha ruta interpretativa gratuita para dar a coñecer as fortalezas do Miño da Idade Moderna. A ruta comeza no Castelo de Santa Cruz enlaza coa Senda dos Pescadores no Rosal ata chegar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián tras percorrer uns 14 km.

O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Terán prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas.

O prazo de inscrición comeza o mércores 4 de febreiro e remata o luns 16 de febreiro de 2015. Unha vez rematado este prazo, elaborarase a relación de participantes que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o xoves 26 de febreiro para efectuar o pago da actividade correspondente ás andainas de marzo a xuño.Para a segunda tanda de andainas: setembro, outubro e novembro, o prazo de inscrición é do luns 17 ata o xoves 27 de agosto. De non efectuarse o pago no prazo establecido avisarase á seguinte persoa que figure na relación definitiva de inscritos.

A inscrición realizarase na Oficina de turismo do Concello. Para máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través dun email a turismo@aguarda.es

Municipio de A Guarda


ENTROIDO 2015-A GUARDA

VENRES 13
Desfile Infantil de Traxes de Entroido Saída ás 12:00 horas da Alameda-Rúa Galicia-O Galo

SÁBADO 14
Cinema Infantil: "Gru II. O meu villano favorito" No Centro Cultural ás 17:30 horas

Concerto de Rock: Crash Cover Band
Na Alameda a partir das 23:00 horas

DOMINGO 15
Actuación do Grupo T.B.M. Na Alameda a partir das 18:00 horas

LUNS 16
Gran Verbena coa Orquestra RITMO JOVEN Na Alameda a partir das 18:00 horas

MARTES 17
Gran Desfile Concurso de Entroido 17:30 Esquina Famosa-Rúa Galicia-Alameda En caso de choiva aprazaríase ao 22 de Febreiro

E a continuación Gran Verbena coa orquestra PASSARELA

Municipio de A Guarda


"A Asemblea Aberta de Tui propón o primeiro tramo da candidatura para as municipais"

Os nacionalistas tudenses concurrirán ás eleccións municipais baixo o nome BNG-Asembleas Abertas.

O pasado sábado 3 de xaneiro celebrouse na sala Félix da Área Panorámica unha asemblea aberta na cal se decidiu e aprobou o primeiro tramo da candidatura do BNG Asembleas Abertas para as eleccións municipais de 2015.

A candidatura estará encabezada por María do Carme Núñez, veciña de Pexegueiro, médica de familia no centro se saúde de Tomiño,e, delegada da Asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharauí no Baixo Miño.

A lista continúa cos seguintes membr@s:

2.José Martínez Tato, veciño de Randufe, actual concelleiro, activista social, promotor de andainas saudábeis e solidarias.

3.Josué Campos Lage, veciño de Pazos de Reis, traballador do sector comercial,ex-responsábel, delegado internacional e membro da dirección Nacional de Galiza Nova.

4.Míriam Rodríguez Fernández, veciña de Guillarei, técnica de turismo, portavoz das plataformas de preferentistas e emigrantes retornad@s do Baixo Miño.

5.Alejandro da Cuña Fernández, veciño de Caldelas, xefe de almacén en empresa de suministros industriais, vicepresidente da Comunidade de Montes de Caldelas.

BNG Tui


O Concello de Tui concedeu máis de 169 mil euros en axudas a 49 entidades deportivas, sociais, educativas e culturais

O Concello de Tui concedeu 169.354,32€ en concepto de axudas a 49 entidades deportivas, sociais e culturais que exercen a súa actividade no termo municipal tudense e que están inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. A contías concedidas a cada colectivo estaban xa consignadas nos orzamentos municipais de 2014.

No eido deportivo a achega de maior importe foi concedida ao Club Kaiak Tudense, 20 mil euros. Por outra parte o Tyde F.C., o Club Balonmán Tui e o Club Baloncesto Tui percibiron cada un 9 mil euros, o Club Remo Tui 8 mil euros e o Club Remo do Miño 6 mil euros. A achega concedida ao Club Penedo, ao C.D. Ribadelouro, o Club Atletismo Tui foi de 4 mil euros por entidade, mentres que o C.D. Caldelas e o Club Ribex de Patinaxe percibiron cada un 3 mil euros, A Quinta dos Juapos Tui recibiu 2.500€, o Club Tenis Tui e o Moto Club Randufe tiveron unha axuda cada un de 2 mil euros, o Club Deportivo Tui Fútbol Sala 1.500€ o mesmo importe que Anda-Tui Rego da Pedra. Amais o Club Ciclista de la Fuente, o MTB Aloia e o Club Náutico San Telmo recibiron cada un 1000 euros, e por último 500€ euros foron concedidos ao Club Tenis de Mesa.

Xa en asociacións de carácter social a Asociación de Familiares do Alzheimer percibiu do Concello de Tui un total de 10.204,32€, mentres que 8.500 euros recibiron as Hermanitas dos Anciáns Desamparados-Residencia San Telmo e 3.500 euros as Hermanas Clarisas. Amais 6 mil euros foron entregados a Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Valença, 3.500€ á Cruz Vermella Portuguesa, 2.500€ a Asociación Asistencias SOS Tomiño-Baixo Miño, e 3 mil o San Xerome, 2.100€ Solidariedade Galega co pobo saharauí, 2000 a Asociación de Discapacitados do Baixo Miño "Vontade, e 1.500€ a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados do Baixo Miño e outros 1.500€ ACEESCA. Amais 1000 euros recibiron a Asociación Española Contra o Cancro no Baixo Miño, a Asociación Avelaíña, a Cruz Vermella Española no Baixo Miño, e a Asociación de Familiares de Nenos Autistas.

Por outra parte 10 mil é a cantidade concedida á Entidade Local Menor de Pazos de Reis, 1.500€ ao Liceo Casino de Tui, 1.200€ a Asociación Amigos da Catedral, 1.000€ a Asociación para a recuperación das tradicións populares.

Xa no eido educativo recibiron axudas do Concello de Tui cun importe que oscila entre os 3 mil e os mil euros as o CEP de Caldelas, e as ANPAS "As Olivas" do CEIP nº2, Guillarei, Tyde do CRA, Randufe, do Colexio Maristas, O Mencer de Rebodáns, A Porteliña de Pazos de Reis, Diomedes do CEIP nº1, e do IES San Paio.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradece ao tecido asociativo, deportivo e cultura o traballo que realizan ao longo do ano que redunda positivamente na calidade de vida da cidade.

Municipio de Tui


Tui promociona os seus atractivos turísticos en FITUR

O Concello de Tui promociónase en FITUR coa presenza de información turísticas do municipio dentro do stand da Xunta de Galicia. Unha fotografía da Catedral, un dos buques insignias da cidade, serve de reclamo aos que se achegan ata a Feira Internacional de Turismo en Madrid, dentro do gran panel de imaxes de Galicia que o goberno galego levou a cita co sector do turismo. Amais o Concello de Tui enviou información turística da cidade para repartir en FITUR entre a que están os folletos e rueiros da cidade, pero tamén o material de promoción conxunta con Valença ao abeiro da Eurocidade.

Dende o Concello de Tui apóstase pola promoción turística da cidade coa presenza en feiras de carácter internacional coma se ten feito ao longo dos últimos anos tanto en Madrid coma en Lisboa, entre outras citas destacadas do sector.

Municipio de Tui


Os produtos de temporada danse cita este sábado nun novo Mercado da Verdura no Cárcere Vello en Tui

Os produtos ecolóxicos de temporada volven este sábado, 31 de xaneiro, ao Cárcere Vello na rúa Sanz en Tui nunha nova edición do Mercado da Verdura. Esta iniciativa, posta en marcha en abril de 2014 polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude, celébrase cada segundo e último sábado de mes achegando aos consumidores a colleita de temporada directamente dos seus produtores.

Produtos de inverno coma as berzas, os repolos, a colifor ou o romanesco estarán presentes neste mercado xunto as legumes secas, o packchoi, cebolas ou navizas. O mercado abrirá as súas portas de 10 a 14h.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais